Polémica en Vimianzo coas axudas aos equipos de fútbol
Esta semana coñecíase que o presidente do Baíñas, Juan Silva, o presidente máis mediático do Fútbol da Costa, rexeitaba as axudas do Concello. Silva, que xa estreou a súa praza de Concelleiro en Vimianzo, calificaba de “miseria” os 750€ que o Concello lle outorga o Concello vimiancés, cantidade semellante á que recibe o Castrelo CF (as axudas corresponden á do ano pasado que ambos equipos estaban na mesma categoría e este curso tocaralles algo máis) e máis baixa da que recibe o Soneira, que recibe do ano pasado 12.000€ tendo en conta que o ano pasado estaba en Preferente (4 categorías máis arriba) e contaba con equipo en xuvenís, algo do que carecen Castrelo e Baíñas.
Se ben o Club de Fútbol Baíñas, ao igual que o resto, ten dereito a presentar a solicitude de subvencións, non está obrigado a facelo, pero a realidade é que fai uso de todas as infraestruturas nas mesmas condicións que o resto dos equipos.
Esta crítica, é considerada polo alcalde vimiancés Manuel Antelo, como “un despropósito”, considerando que “non está ben convertir ao Baíñas na súa trincheira política porque o único que fai é prexudicar ao equipo”. “O presidente do Baíñas, na súa condición de cocelleiro do Partido Popular debería facer a súa labor política a través do Pleno, formulando propostas en positivo. Falta a primeira proposta que o Sr. Silva formule non só sobre o fútbol, senón sobre calquera outro asunto de interese veciñal”, sinala.
O alcalde de Vimianzo asegura "estar á espera dunha resposta ao convite para facer unha recepción oficial dende o ascenso de categoría do clube o pasado verán".
Cesión de instalacións
O Concello lembra que “pon a disposición dos equipos de fútbol as infraestruturas municipais, campo de fútbol, e pavillóns polideportivos de Baíñas e de Vimianzo, asumindo o Concello todos os custes, mantemento e gastos correntes de electricidade, limpeza, vixiancia e reposición. E lembra o custe anual desta colaboración supera os 50.000€ anuais, sen ter en conta o investimento de construción destas instalacións deportivas valoradas en máis dun millón de euros”.
Novas relacionadas
- Juan Silva estrea a súa praza de Concelleiro en Vimianzo.
- As asociacións do Concello de Vimianzo poden solicitar as axudas municipais.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).