Mércores. 20.10.2021
El tiempo

A Policía Local de Vimianzo estrea un novo Hyundai microhíbrido

Policia Local de Vimiazo estrea Hyundai Hibrido 1
A Policía Local de Vimianzo estrea un novo Hyundai microhíbrido

Este mércores a Policía Local de Vimianzo está de boas. Estreou o seu novo vehículo, un Hyundai que mellora as súas prestacións. Un vehículo microhíbrido, motor diesel e un pequeno motor eléctrico, que ten a etiqueta eco.

Fixeron a entrega Amador Vidal Cernadas e Juan Fernando Maroñas Rey, de “Auto Reparación Vidal S.L., Servicio oficial Hyundai para Costa da Morte e Soneira”, que gañou a adxudicación a través do Fondo de Compensación. Un Fondo que lle corresponde aos concellos que teñen o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou están afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación.

Acodiron á presentación o delegado territorial da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor, a alcaldesa, Mónica Rodríguez, os edís Rosa Blanco, Victor Muíño, María José Pose e Miguel Ángel Pérez e dous dos axentes que conducirán este novo Hyundai Tucson, que se une así á frota de automóbiles das forzas de seguridade vimiancesas. Tamén estivo presente Francisco Calzas, do Partido Popular de Vimianzo. 

Policía Vimianzo

Novas relacionadas

comentarios