Preguntan pola forte olor da auga en Calo-Pasarela
17:52 14/01/24
Dende o BNG de Vimianzo queren amosar a súa preocupación polo forte olor que estes últimos días desprende a auga corrente nas parroquias de Calo-Pasarela e Vimianzo.
O grupo pide ademais que o goberno socialista tome medidas preventivas mentres chegan os resultados dos informes.