Mércores. 23.10.2019
El tiempo

O PSOE acorda medidas co SEPES para aumentar a competitividade do Polígono de Vimianzo

  • Estrella Galicia como “tractor” para o despegue do Polígono de Vimianzo.
  • Paula Mouzo e Mónica Rodríguez con Alejandro Soler do SEPES
    Paula Mouzo e Mónica Rodríguez con Alejandro Soler do SEPES
    O PSOE acorda medidas co SEPES para aumentar a competitividade do Polígono de Vimianzo

    O PSOE acorda medidas co SEPES para aumentar a competitividade do Polígono de Vimianzo

    Esta semana, o director xeral do Sepes, Alejandro Soler recibía en Madrid a varias delegacións da Costa da Morte. Entre elas ás responsables do PSdG de Vimianzo. A candidata á alcaldía polo PSdeG-PSOE, Mónica Rodríguez, acompañada pola secretaria xeral e actual portavoz do PSOE de Vimianzo, Paula Mouzo, acodían para conseguir compromisos que permitan que o parque empresarial de  Vimianzo se sume ao crecemento económico da área de Bergantiños.

    Así, conseguía acordar co SEPES varias medidas de potenciación, entre as que figuran a redución do prezo da parcela, a procura de financiamento a baixo interese, e incluso abrir a posibilidade da modalidade de aluguer con opción de compra.

    Para o PSOE; o polígono está “nunha situación de encarecido abandono, debido a inoperancia do goberno actual presidido polo alcalde Manuel Antelo”. E aporta cifras: “o parque empresarial de Vimianzo consta de 105 parcelas das que somentes hai 13 vendidas e 9 empresas instaladas”. “Hai que rachar con esta situación” dixo Mónica Rodríguez.

    Soler acordou elevar no próximo consello de Administración, e na maior brevidade posible, as medidas de potenciación do parque empresarial de Vimianzo, as cales nese mesmo día procedería a revisar co presidente da SEA,  Pablo Aranguena:

    • A redución do custe do m2 da parcela.
    • Posibilitar métodos de financiación cómodos: leasing financeiro, axudas de outros órganos potenciando certos sectores importantes no concello (acuicultura, empresas da produción de produtos ganadeiros, etc), incluso pensar na posiblidade de aluguer con opción de compra de parcelas.

    Saída da Autovía

    Outra das cuestións presentes na conversa, que non depende do Ministerio de Fomento senón da Xunta, foi a importancia de proporcionar unha saída cara a autovía dende o Parque Empresarial, para o cal considera importante que dende o goberno central se fagan as peticións necesarias ao goberno autonómico, para enlazar directamente o parque coa autovía.

    Outras cuestións

    Na reunión, Rodríguez engadiu dúas peticións máis a ter en conta entre as que están a mellora da potencia-capacidade da depuradora, así como a ampliación da velocidade da banda ancha. Ademais instou ao goberno municipal a que active a posta en funcionamento das cámaras de vixilancia ou que mellore a iluminación.

Comentarios