Martes. 19.03.2024
El tiempo

O PSOE de Vimianzo presentou a súa lista co lema de campaña “En Vimianzo creo”

PSOE Vimianzo 3 copia
O PSOE de Vimianzo presentou a súa lista co lema de campaña “En Vimianzo creo”

Os socialistas de Vimianzo presentaron esta pasada noite de venres a lista coa que se presentarán ás municipais 2023, así como o lema de campaña, “En Vimianzo creo”, escollido pola dualidade entre crear e crer. Ateigada estaba a Casa da Cultura para acoller unha cita conducida por Paula Mouzo, secretaria dos socialistas na Costa Atlántica, e que contou coa presenza de Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG.

Un dos momentos emotivos foi a proxección do vídeo no que se fai un percorrido polas 14 parroquias de Vimianzo a través de catorce “creos”. “En Vimianzo creo oportunidades, creo patrimonio, creo igualdade, creo beleza, creo tradición (…)”.

O repaso dos 23 nomes que conforman a relación de persoas que se presentan ás municipais 2023 polo PSdeG-PSOE de Vimianzo foi tamén moi emotiva. “Son 23 nomes que obrigatoriamente teñen que ir por orde, pero para min non existen posicións, todas estas persoas poderían ocupar calquera número”, recalcou Rodríguez ao principio do seu discurso.

Presentación Vimianzo PSOE

Rodríguez fixo alusión á cantidade de proxectos de envergadura que se teñen realizado “pese a contar con 2 anos de retroceso debido á pandemia” e nomeou accións como a renovación de todas as luminarias do municipio a tecnoloxía LED, a senda de Caxadas a Baíñas, o avance en materia de igualdade que experimentou o pobo, un Vimianzo á vangarda no cultural coa cantidade de oferta cultural, os Servizos Sociais, un eido no que se detivo para facer fincapé en que “chegamos cun investimento anual de 300.000 euros e xa estamos en máis de 800.000 anuais nunha área que é unha prioridade para nós. Somos o único Concello da Costa da Morte que non ten lista de agarda neste sentido”.

“Sodes vós os auténticos protagonistas do día a día da vida de Vimianzo”, dirixíase o público, xa case no límite da súa intervención, “vós sodes a nosa mocidade, a nosa terceira idade, os nosos peques, as nosas familias, o tecido empresarial, o asociacionismo, o pequeno comercio, a nosa hostalaría…”

Emocionada, agradeceu “á miña familia, que tanto lle debo e me arroupa; á miña familia política e tamén mando dous bicos ó ceo para dúas persoas que non están, pero sempre están. Grazas por acompañarnos nunha viaxe que hoxe comeza coa ilusión intacta, coa de hai catro anos. Crede no noso proxecto, porque eu... EN VIMIANZO CREO”.

Lista

  • 1. Mónica Rodríguez, Vimianzo/Calo
  • 2. Víctor Manuel Muíño, Baíñas
  • 3. María José Pose, Treos
  • 4. Miguel Ángel Pérez, Cereixo
  • 5. Rosa Blanco, Carnés
  • 6. Mario Andújar, Castrelo
  • 7. Sergio Miñones, Carantoña
  • 8. Manuel Pose, Cambeda
  • 9. Beatriz Pazos, Salto
  • 10. Josefa Campos, Berdoias
  • 11. Martín Rego, Tines
  • 12. Imsael Qiuntáns, Serramo
  • 13. Irene Blanco, Bamiro

Suplentes:

  • 1. Paula Mouzo, Calo
  • 2. Antonio Miñones, Salto
  • 3. Roi Caamaño, Castrelo
  • 4. Saira Castiñeira, Cambeda
  • 5. Manuel Pose, Treos
  • 6. María del Pilar Mouzo, Carnés
  • 7. José Pose, Castrelo
  • 8. Adriana Lema, Vimianzo
  • 9. Manuel Pérez, Cereixo
  • 10. Jesús Martínez, Salto
  •  

Comentarios