Xoves. 25.07.2024
El tiempo

A rapazada de Vimianzo busca a fórmula da igualdade a través de experimentos máxicos

VIMIANZO_FÓRMULA DA IGUALDADE
A rapazada de Vimianzo busca a fórmula da igualdade a través de experimentos máxicos

A rapazada de Vimianzo poderá buscar, coas súas propias mans, a tan ansiada e necesaria fórmula da igualdade. Farao a través de diferentes experimentos nos que poderá mesturar distintas emocións e condutas imprescindibles para construír un mundo moito máis igualitario.

Os obradoiros realizaranse os días 2, 3, 4, 5 e 6 de xullo na Praza do Concello, en horario de 17:00 a 21:00 horas, co obxectivo de sensibilizar e concienciar á rapazada en favor da igualdade de xénero.

Deste xeito, a través destas actividades búscase traballar a educación en igualdade con crianzas e familias no marco da celebración do Asalto ao Castelo. Para iso, procedeuse á instalación dunha caseta que, ademais, servirá como punto informativo para calquera persoa que demande información. 
Esta iniciativa, financiada con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, traballa con todos os ingredientes necesarios para lograr alcanzar a igualdade: xustiza de xénero, solidariedade, empatía, diversidade, respecto, comunicación, autoestima, tolerancia, coidados, amor, liberdade e responsabilidade.
 

Comentarios