Venres. 26.04.2024
El tiempo

Realizan catas para ampliar a senda peonil da ponte de Baio

Realizan catas para ampliar a senda peonil da ponte de Baio
Actualmente a ponte conta cunha estreita senda peonil Actualmente a ponte conta cunha estreita senda peonil Levan xa moitos anos os veciños da Piroga (Bamiro-Vimianzo) e de Baio (Zas) reclamando a mellora na senda peonil que discorre pola ponte que comunica as dúas vilas e incluso houbera un intento de ampliación da ponte no ano 2010. Precisamente onte pola mañá un equipo da consellería de Infraestructuras e Vivenda desprazouse ata aquí para realizar catas na estructura e valorar así a posibilidade de ampliar a estreita senda peonil que ten actualmente a ponte. A cata servirá para determinar as posibles alternativas a ampliación da ponte de Baio A cata servirá para determinar as posibles alternativas a ampliación da ponte de Baio A Axencia Galega de Infraestruturas está a redactar un proxecto que pretende facilitar a circulación peonil na ponte e mellorar así a seguridade viaria neste punto. Para elo, analizará as distintas solucións posibles, tanto de ampliación do taboleiro da estrutura para executar unha beirarrúa, coma de construción dunha pasarela adosada. Durante parte da maña de onte cortouse un dos carris da ponte de Baio Durante parte da maña de onte cortouse un dos carris da ponte de Baio Para a selección da mellor alternativa foi preciso realizar estes ensaios que permitan determinar o estado da estrutura e os ancoraxes necesarios para executar a zona peonil. A maquinaria precisa para facer o ensaio ocupou un dos carrís da estrada AC-552 e tardous pouco máis de hora e media polo que apenas causou retencións na zona. Segundo indican dende a consellería que dirixe Ethel Vázquez, a oportunidade para promover esta actuación responde á posta en servizo da Autovía da Costa da morte, prevista para este mesmo verán tal e como reiterou a conselleira na súa visita que fixo ás obras o pasado martes. Esperan que a autovía capte a maior parte do tráfico que agora circula pola AC-552, polo que se pretende definir unha solución optimizada que permita a circulación peonil.  

Novas relacionadas

Novas sobre a Autovía Costa da Morte

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios