xoves. 05.06.2025
El tiempo

Realizan traballos de conservación de varios tramos do río por Vimianzo e Baio

241029 traballos conservacion vimianzo rio zas
Realizan traballos de conservación de varios tramos do río por Vimianzo e Baio

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, comezou a executar hoxe actuacións de conservación e mantemento en varios tramos do río Baio nos concellos de Vimianzo e Zas que suman preto de 13 quilómetros. As tarefas, que se desenvolverán nas parroquias de San Pedro do Allo, Santa María de Lamas, Santa María de Baio, San Amedio de Bamiro e Santa María de Salto, afectan a máis de 12,9 quilómetros do río Baio que se reparten entre estes dous municipios coruñeses.

As actuacións consisten na retirada de árbores caídas e biomasa presente nas canles fluviais para evitar atoamentos así como en labores de roza puntual de arbustos no acceso ás canles.

Os traballos, que xa foron comunicados aos dous concellos, prolongaranse durante aproximadamente doce semanas e realizaranse mediante a aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras e rozadoiras así como coa utilización de maquinaria de apoio como un tractor, un camión e unha carretilla de carga.
Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo dependente do Executivo galego, estes tramos fluviais quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Comentarios