Venres. 04.10.2024
El tiempo

Rede Aberta, a solución en Vimianzo para levar a fibra a todo o rural

Xuntanza fibra
Xuntanza entre Rede Aberta e o Concello de Vimianzo
Rede Aberta, a solución en Vimianzo para levar a fibra a todo o rural

O rural galego atópase sempre coa problemática de que ás empresas non lles saen rendible despregar a fibra óptoca ata núcleos pequenos de poboación. Unha situación que mantén a fenda dixital máis viva que nunca, nestes tempos nos que a conectividade é fundamental para a vida persoal, laboral e educativa.

Por Vimianzo, despois de moito barallar veñen de atopar unha solución, que ten nome galego: Rede Aberta. Xa está traballando por lugares como Chantada, Taboada, Silleda e Caldas de Rei, e pronto fará o propio pola comarca de Soneira.

Así o acordaron a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Benestar Social, María José Pose; e Lorena Cernadas, técnica municipal; con Pere Antentas, Director Xeral da compañía, e Ana Rodríguez, do departamento económico. Rede Aberta é unha rede “neutra”, que está aberta a todos os operadores e á que poderán acceder os operadores locais e emprendedores.

A modo de conclusión, o provedor de servizos de telecomunicacións, presentará nun prazo de quince días o plan de despregamento adaptado ás necesidades de Vimianzo. “Supón un avance fundamental para chegar a unha solución a este problema; é unha demanda de gran parte da veciñanza”, aportan desde o goberno local.

As obras comezarán en marzo, e no mes de abril poderase contratar o servizo, nun principio, de 600 megas simétricos.

Esperemos que o exemplo sirva para outros concellos da comarca.

Novas relacionadas

Comentarios