Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Regueifa, música, teatro e vídeos: as vitaminas para o galego do Concello de Vimianzo

Regueifa, música, teatro e vídeos: as vitaminas para o galego do Concello de Vimianzo

Os regueifeiros Pinto de Herbón e Luis O Caruncho serán os encargados de iniciar a semana das letras cunha actuación no auditorio da Casa da Cultura que contribuirán a animar o ambiente coas súas rimas e sátiras mordaces.
Unha seman das Letras que ademais tamén incide na campaña Vitaminas para o galego, e todos os alumnos do concello recibirán un "lapis especial para escribir en galego" no marco da iniciativa Vitaminas17.

Seguindo co programa cultural das Letras vimiancesas, o luns os dous regueifeiros encargaranse de impartir un obradoiro didáctico para o alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Terra de Soneira e 5º e 6º do CEIP de Baíñas e do CEIP de Vimianzo, un total de 176 rapaces e rapazas que poderán poñer a proba o seu talento na regueifa (o inxenio e a poesía oral improvisada).

A xornada teatral será o xoves 17 de maio día no que as escola de teatro infantís do concello poñerán en escena dúas pezas teatrais: A gata con botas, represetnada pola escola de teatro infantil de Vimianzo e Unha casa nada deshabitada, representada pola escola de teatro infantil de Carantoña. A cita será ás 18.30 horas na Casa da Cultura.

O sábado ás 12 do mediodía Concha Blanco, a escritora galega máis prolífica no que a literatura infantil se refire, terá un encontro na biblioteca municipal cos nenos e nenas de Vimianzo que rematará co sorteo de libros da autora entre os presentes. Aínda que o horario previsto para este encontro erá ás 17 horas, finalmente decidiuse cambialo para que os nenos e nenas que o desexen poidan presenciar a baixada de carrilanas, organizada pola Asociación Frei Diego de Cádiz para esa mesma tarde.

Na mesma biblioteca pódese visitar desde primeiros de mes a exposición de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado no día das Letras Galegas.

Finalmente, o domingo día 20, voltamos ao auditorio da Casa da Cultura para asistir á actuación do alumnado da escola de música de Vimianzo con actuacións de gaita, pandeireta e percusión. A cita será ás 17 horas.

Novas relacionadas

Programas das Letras Galegas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios