martes. 20.05.2025
El tiempo

Sabotaxe na piscina de Vimianzo

Sabotaxe na piscina de Vimianzo

O concello de Vimianzo viuse obrigado a aprazar “sine die” a apertura da piscina municipal prevista para mañá xoves por unha forza de causa maior allea ao concello. Logo de ter a piscina a punto co informes de sanidade, lista para abrir, e cos socorristas contratados, o goberno municipal atópase esta mañá que na noite pasada do martes un tinte vermello foi verquido na piscina danando o funcionamento da mesma.

Logo dunha valoración por parte dos traballadores municipais dos danos ocasionados, o Alcalde vese na obriga de aprazar a apertura da piscina sen data, ata que o problema estea solventado. Manuel Antelo lamenta que sucedan estes feitos vandálicos que non prexudiacan ao goberno municipal nin ao alcalde, senón que prexudican aos veciños e veciñas de Vimianzo, nomeadamente aos máis pequenos que son os que máis desfrutan da piscina, privándoos de poder gozar dunhas instalacións deportivas que estaban listas para abrir, mais que alguén decidiu con nocturnidade e alevosía, obrigar ao concello a mantela pechada. Tan pronto este dano estea solucionado informarase da nova data de apertura.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios