Sáldase sen feridos un novo accidente no cruce de Berdoias

20:21 19/08/20
Esta tarde de mércores 19 de agosto, arredor das 17.00, rexistrábase un novo accidente no cruce de Berdoias. Afortunadamente ningún dos ocupantes (eran dúas familias de turistas) quedou ferido a pesar da aparatosidade do accidente.
O cruce entre as estradas de Fisterra - Coruña e as de Muxía - Santiago é un dos puntos negros da Costa da Morte.
Neste caso, o vehículo procedente de Muxía saltouse, segundo fontes das forzas de seguridade, o stop, colisionando co outro vehículo que procedía de Cee.
Non houbo feridos, afortunadamente, pero dúas persoas adultas e tres nen@s tiveron que ser atendidas pola Ambulancia.
Curiosamente foi un voluntario de Protección Civil, que pasaba pola zona, o quen ubicou correctamente o accidente ao 112.
Histórico de accidentes no cruce de Berdoias
- 04-08-2020: Dous feridos tras un novo accidente no cruce de Berdoias
- Xullo 2019: Novo accidente no punto negro de Berdoias.
- Xullo 2017: Un novo accidente deixa no cruzamento de Berdoias provoca varios feridos.
- Xuño 2017: Tres feridos no enésimo accidente no cruce Berdoias.
- Maio 2017: Dous feridos nun novo accidente no cruce de Berdoias e outro nunha saída en Mazaricos.