Venres. 30.10.2020
El tiempo

Sarabela Teatro trae a Lingua das Bolboretas de Manuel Rivas a Vimianzo

SArabela Teatro leva a Lingua das Volveretas de Manolo Rivas a Vimianzo
SArabela Teatro leva a Lingua das Volveretas de Manolo Rivas a Vimianzo
Sarabela Teatro trae a Lingua das Bolboretas de Manuel Rivas a Vimianzo

Sarabela Teatro traerá este sábado ao Concello de Vimianzo a adaptación do filme de Manolo Rivas A lingua das bolboretas, unha actividade enmarcada na programación de outono e que terá lugar na Casa da Cultura ás 20:30 horas.

O espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola, contemplando tamén a traxedia que supuxo vivir con medo, do crú impacto que xera o estalido dunha Guerra Civil.

O elenco da compañía está formado por Fernando Dacosta, Fina Calleja, Sabela Gago, Elena Seijo, Fran Lareu e Josito Porto.

O prezo para o espectáculo é de 5 euros (reducida 2,5 euros) e a billeteira estará aberta unha hora antes do inicio de espectáculo. Contarase cun protocolo adaptado ao contexto sanitario, con itinerario seguro e sendo obrigatorio o acceso con máscara sanitaria dos maiores de 6 anos.

comentarios