Mércores. 23.10.2024
El tiempo

SEA e o Concello de Vimianzo inauguran o Foro Atlántico Empresarial

parque-empresarial-vimianzo-sea
Belén Sestayo, secretaria de SEA, e Mónica Martínez, a rexedora de Vimianzo, nunha reunión
SEA e o Concello de Vimianzo inauguran o Foro Atlántico Empresarial

Este mércores 26 de xuño, acollerá a Casa da Cultura de Vimianzo a primeira sesión de Foro Atlántico Empresarial. Un foro para empresarios organizado por Suelo Empresarial del Atlántico (SEA) e o Concello de Vimianzo, que tratará sobre as esixencias, axudas, requisitos e
posibilidades para instalarse nun parque empresarial. «En moitas ocasións –asegura Beatriz Sestayo, xerente de SEA– estes datos non son de fácil acceso para o empresariado, e reunir toda a información nunha soa xornada pode ser moi útil». A primeira sesión de Foro Atlántico Empresarial terá lugar este mércores na

A primeira Mesa diálogo, baixo o título «Empresa, urbanismo e territorio». José Rey Hermida, avogado e responsable comercial de SEA amosará o significado do dereito de superficie, unha modalidade de aluguer con opción a compra de parcelas nos polígonos industriais que está resultando moi atractiva para os empresarios.
A continuación, Manuel Breijo, experto en Urbanismo municipal, expoñerá o seu relatorio sobre «Urbanismo e fiscalidade».
E, para rematar, Olga Villar Becerra, experta en comunicación e redes sociais, explicará a importancia da comunicación nas empresas.

Ás 18.10 horas está previsto o inicio da Mesa diálogo «Apoios á instalación de empresas en parque empresariais», na que intervirá Natalia Barros, directora da Oficina Económica do Igape e Carlos Díaz, técnico de proxectos do Programa de Empleo Local, que informarán sobre as axudas do Igape e da Deputación da Coruña respectivamente. Outras ponencias desta mesa son: «Estratexias do GALP Costa da Morte. Axudas a empresas en parques empresariais», a cargo do xerente Guillermo González Díez; e «Estratexia do GDR Costa da Morte. Axudas a empresas en parques empresariais», impartida polo seu xerente, José Antonio Vila García.

A clausura desta primeira sesión do Foro Atlántico Empresarial –que se desenvolverá noutros Concellos ao longo dos próximos meses– correrá a cargo do secretario xeral para el Reto Demográfico, Francesc Xavier Boya Alós, cunha ponencia baixo o título de «Los retos de la España vaciada. Oportunidades y ayudas para zonas en riesgo de despoblamiento». Estará acompañado por Pedro Blanco Lobeiras, delegado do Goberno en Galicia.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, asegurou que se trata dun orgullo "que sexa Vimianzo o lugar no que se inaugura este foro", que define como unha
oportunidade única "para escoitar a expertos neste eido, a autónomos, emprendedores e empresarios e coñecer as cuestións máis importantes sobre empresa, urbanismo e territorio, así como os beneficios de instalarse nun polígono empresarial".

Comentarios