Serj afía o micro e clávalle unha estocada á política do poder

14:30 12/03/18
Moita máis candela ten o novo traballo de Serj. Do amor a terra daquel “Rei das Mareas”, ao compromiso social deste “A Estocada da Cordura”, o primeiro adianto do novo disco, “ELA”, que se presentará en maio deste ano. Candela musical, cuns ritmos moito máis rockeiros; candela lírica, cunhas letras moito máis afiadas denunciando a corrupción imperante na nosa sociedade.
“Este videoclip e esta canción non teñen pretensións máis alá de servir como divertimento, de entreter. Pero nos tempos convulsos nos que vivimos, nos que os que nos gobernan quitaron ó fin as máscaras e a utilización do medo para dominarnos é xa indiscriminada. Neste mundo desequilibrado… nesta dictadura orwelliana na que o recorte das liberdades máis esenciais está á orde do día, esta é a miña humilde maneira de exclamar: Estamos aquí, estamos despertos e somos moitos.” Así de crú se amosa o propio Sergio Trillo definindo o novo éxito.
”Un xiro eléctrico”
“Ela” ten todo unha historia dentro. O novo disco contará con 12 temas divididos en 4 actos nos que se conta “a historia dunha muller que se revela contra o establecido, abandoando a súa zona de confort e coñecéndose a si mesma. Ó longo desta viaxe esta muller sen nome atravesa momentos de euforia, decepción, esperanza, amor, etc… Para rematar esta aventura dun xeito dramático, pero liberador dalgún xeito… E efectivamente Sergio explícanos que os novos temas ”supoñen musicalmente un xiro cara un sonido máis eléctrico, e conflúen estilos moi variados que van desde etéreas atmósferas acústicas ata descarnadas cancións heavies, pasando por rock, hard rock, pop, etc…” SERJ e a súa banda atópanse desde fai meses preparando un espectáculo eléctrico e electrizante, directo ó corazón e á pel. Pronto poderemos gozar aos Serj, Rebeca, Salfu e Raúl polos escenarios. O CD sairá en maio, pero xa podedes reservar unha copia escribindo un mail a serjgalicia@gmail.com.Novas relacionadas
- 2015: Serj rende homenaxe ao Rei das Mareas, Modesto Tajes Sánchez:
- 2015: Serj amosou o orgullo costeiro na presentación do seu disco Velaivén.
- 2015: Velaivén Serj co seu primeiro disco baixo o brazo.
- 2014: Serj cántalle á súa Costa da Morte.
Máis novas musi-costeiras
- Grabando o #DiscoMaestro.
- Almánimal lanza a súa primeira maqueta para arrasar no verán.
- Da tradición da Raigañas, ao lírico do Conservatorio e ao pop do Youtube, con Icía Varela.
- Xurxo Trillo: Da #VozKids ao Youtube… e a Disney.
- Almánimal, rock galego anticorrupción.
- Rosalía en clave de reggae costeiro.
- O mundo da música costeira despide a Alan Louzán.
- Route-552: O R&R da Costa da Morte.
- Comezan os Días de Verán con Lisdexia.
- A Factoría Nasmo volve armar a súa Noite de Rock.
- A Bisicleta, outro hit da factoria #SalaNasmo.
- RqR, unha fusión musical muradá entre o bonito e o duro de roer.
- Despaciño, o novo éxito de Arguzu Vevo.
- A Bisicleta, outro hit da factoria #SalaNasmo.
- Terbutalina publica o seu primeiro disco en vinilo.
- Aula 11, os anfitrións da festa do Xiria Pop.
- Os Rap-arigos de Corcubión, con Leo KCh.
- O Rock sae da Escola á Rúa en Carballo.
- Serj rende homenaxe ao Rei das Mareas, Modesto Tajes Sánchez.
- Os xalleiros Gran Soul Band estrean videoclip en ruta.
- Os Irmandiños xa teñen CD e cómic.
- Aula 11 cruza o telón de grelos a ritmo de garage.
- Coso Carnóbrigo: Folk Metal carnotán para o Festigal.
- AnaKrusa, unha banda ceense na conquista do festival nacional MusicAula 2015.
- O Colectivo Badlaifé dá o salto e xa graba rap en italiano.
- Serj amosou o orgullo costeiro na presentación do seu disco Velaivén.
- Unha BSO roqueira por e para Carballo.
- A banda costeira The Suffering presenta o seu primeiro proxecto musical.
- Serj cántalle á súa Costa da Morte.
- O Colectivo Baidlafé demostra o potencial rapeiro da Costa cun novo videoclip.
- Unha historia de Cráneos e Ósos na DeadCoast.
- A Costa da Morte en clave de rap co carnotán Yeray Vázquez.
- Os Trapos Sucios, gañadores do Rock in Río Tea.
- Nordés Project. Folk-pop ceense no Musicaula 2014.
- Corcubión bailou a ritmo do Rebumbio.
- Leö KCH: “O Rebumbio é bo para todos. A unión fai a forza”.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)