Tareixa Ledo e Lidia Senra abriron o camiño da muller en Pasarela


O pasado sábado, no medio da voráxine electoral, a Casa da Escola de Pasarela acollía unha sesión cultural especial: a presentación para toda a Costa da Morte do libro de Tareixa Ledo sobre a loitadora Lidia Senra. Ambas protagonistas achegáronse á vila vimiancesa da man de Maru Ester de Pasarela, que ben podería protagonizar algún dos capítulos do libro “Lidia Senra Rodríguez, A historia dun liderado entrañable”, publicado por Ediciós Laiovento. .
A sesión non foi multitudinaria pero si moi intensa. Foron varias as loitadoras do agro e, sobre todo, das empresas da zona, as que se achegaron á cita. E a sesión serviu para darlle ese empurrón que ás veces un precisa á hora de comezar un proxecto. O feito de veren que loitando chégase a conseguir moitas cousas foi unha das cousas máis determinantes.

A historia dunha guerra pola dignificación do agro

No libro Tareixa fai patente a súa admiración por Lidia Senra, unha das líderes da revolución do sindicalismo do agro galego nos ultimos 30 anos.
Non queda aí o libro, se non que fai un repaso por todo o país, no que as mulleres son as protagonistas de loitas sociais. As Encrobas, a loita por un Baldaio dos veciños, ou a loita de Abelleira contra a piscifactoría, son algunhas das encrucilladas sociais no que o papel da muller foi tremendamente importante.
Aquí vos deixamos un vídeo-resumo da charla.
Novas relacionadas
- A revolución da muller rural comeza este sábado en Pasarela.
- Simon de Beauvoír, unha pensadora no xuño da Galería Mulleres.
- As novas mulleres de Fisterra e Lira viviron a súa homenaxe.
- /articulo/cultura/as-poesias-falan-en-clave-de-muller-en-cee/20110309082055067296.html.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).