Martes. 19.03.2024
El tiempo

Simon de Beauvoír, unha pensadora no xuño da Galería Mulleres

Simon de Beauvoír, unha pensadora no xuño da Galería Mulleres

A Galería Mulleres homenaxea este mes de xuño de 2011 á pensadora e novelista parisina Símone de Beauvoír. Continúa esta proposta da Biblioteca da Muller do Concello de Muxía achegándonos a grandes figuras femininas de importancia mundial.

Hoxe imos ata París e trasladámonos á metade do século pasado. Beauvoír foi unha figura básica no pensamento existencialista e feminista. Muller comprometida políticamente e comprometida coa liberdade e coa liberación da muller.

A súa obra “O segundo sexo” é un clásico do pensamento contemporáneo e supón un punto de partida teórico para o feminismo; é considerado o ensaio feminista máis importante do século XX. Pero a aportación de Simone non se reduce ao terreo do feminismo, foi unha loitadora incansable polos dereitos humanos. Analiza a condición de vida dos marxinados ( coma as persoas maiores) dende o punto de vista histórico, filosófico e político.

En 1929 coñece ao que sería o seu compañeiro durante case toda a súa vida, o filósofo Jean Paul Sartre.

Máis información

Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar as súas obras:

  • Beauvoir, Simone de. O SEGUNDO SEXO. Edicións Xerais.
  • Beauvoir, Simone de . LA MUJER ROTA . EDHASA ,1981.
  • Beauvoir, Simone de . EL SEGUNDO SEXO. I LOS HECHOS Y LOS MITOS. Col. Feminismos nº 50.
  • Beauvoir, Simone de . EL SEGUNDO SEXO. II LA EXPERIENCIA VIVIDA. Col. Feminismos nº 51
  • López Pardiña, Teresa. SIMONE DE BEAUVOIR. 1908-1986. 1999.
  • Monteil, Claudine . LAS HERMANAS BEAUVOIR. Simone y Hèléne.
  • Beauvoir. Circe Ediciones, 2004.

Descargas

Galería Mulleres

Fonte

Comentarios