Luns. 06.07.2020
El tiempo

A revolución da muller rural comeza este sábado en Pasarela

A revolución da muller rural comeza este sábado en Pasarela

Este sábado 11 de xuño, a Casa da Escola de Pasarela (Vimianzo) acolle ás 20:30h a presentación do libro "Lidia Senra Rodríguez, A historia dun liderado entrañable", publicado por Ediciós Laiovento. Tratase dun libro que recolle a labor, silenciada, da muller nas revoltas dos últimos 60 anos en toda Galicia.

A autora Tareixa Ledo Regal, vencellada á bisbarra a través da súa irmá, membro do Colectivo Buserana, achegarase a Pasarela xunto a propia protagonista, para continuar a revolución, en clave feminina, do agro galego.

Tareixa demostra así a súa admiración por esta loitadora, que durante moitos anos foi líder do sindicalimos lagrego galego.

Pero ademais outras loitas como as das Encrobas ou as de Baldaio tamén son recollidas no libro. Libro no que podería estar perfectamente a "culpable" desta presentación, a activa veciña Maru Ester de Pasarela. Ou tamén as veciñas de Abelleira, en Muros, onde xa hai moitos anos xa loitaron coas súas vidas por evitar a construción dunha piscifactoría.

Aquí vos deixamos cun vídeo dunha das presentacións que vén facendo Tareixa por todo o país:

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios