luns. 11.11.2024
El tiempo

Todos os domingos de febreiro a xuño, cita no Auditorio de Vimianzo

Todos os domingos de febreiro a xuño, cita no Auditorio de Vimianzo
PROGRAMACION CASA DA CULTURA Vimianzo FEB-XU„O 2013

Volve o Concello de Vimianzo cunha programación completa para os vindeiros 5 meses. Dende este domingo 3 de febreiro e ata finais de xuño, cada domingo, o auditorio da Casa da Cultura acollerá unha función, unha obra, facendo do costume, virtud. I é que xa é toda unha referencia na bisbarra os domingos teatreiros de Vimianzo, sabendo que a programación continua é unha boa receita para encher os auditorios.

O Concello vimiancés propón unha programación por meses, repartindo a programación en teatro e monólogos, un abril histórico, un mes maio adicado ás letras, e un mes de xuño con vocación local, para que as escolas da zona amosen o aprendido duranye o ano:

  • Febreiro: "O mes do Teatro".
  • Marzo: "O mes das contadas".
  • Abril: "O mes da República da Liberdade".
  • Maio: "O mes das Letras".
  • Xuño: "O mes do noso".

E atentos, que de paso que ides ao teatro, aproveitade para ver a exposición de escultura do vimiancés Suso Fuentes Canosa, que vén de ser inaugurada nesa Sala para poñer e valor os artistas locais, e que precisamente leva o nome dun deles, Antón Mouzo.

Inauguracion da Exposición de Suso Fuentes en Vimianzo

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios