Luns. 18.11.2019
El tiempo

A Translatio de Cereixo toma o relevo do Vákner

A rapazada de Vimianzo xa coñeceu esta semana de preto a Translatio de Cereixo
A rapazada de Vimianzo xa coñeceu esta semana de preto a Translatio de Cereixo
A Translatio de Cereixo toma o relevo do Vákner

Tralo rotundo éxito das Xornadas Territorio Váker, que nos aseguran tema para o vindeiro lustro, outro dos proxectos apoiado polo programa O Teu Xacobe na bisbarra é o da Translatio de Cereixo. A porta lateral da Igrexa de Santiago de Cereixo conta cunha iconografía única, a máis antiga en pedra que se coñece, que cómpre recuperar, amosar e aproveitar.

A imaxe está inspirada nas primeiras versións que falaban de que o cadaleito do Apóstolo viña acompañado de sete discípulos. E por outra banda, na clave do tímpano aparecen as figuras dun bispo co báculo na man e un anxo cun botafumeiro que parecen presenciar a escena, imaxes que fan referencia a outra parte da tradición xacobea, a Inventio, ou descubrimento do sepulcro.

A presenza da advocación de Santiago en Cereixo, tan preto do santuario da Virxe da Barca de Muxía, fai pensar na posibilidade de que a ría de Camariñas e Cereixo poidese funcionar como porto de chegada de peregrinos do norte de Europa dende a Idade Media.

Translatio na porta lateral da Igrexa de Cereixo

O proxecto

O proxecto de posta en valor da Translatio parte da recompitalación histórica, a organización de visitas escolares (os primeiros vimianceses xa a disfrutaron) e a organización dun simposio, programado para os días 25 e 26 de outubro e terá os seguintes contidos

  • Tarde do venres, 25 de outubro: relatorios sobre A Translatio e o fenómeno xacobeo na Costa da Morte.
  • Mañán do sábado, 26 de outubro: Dúas mesas, unha con reprensentantes do Camiño de Santiago, o turismo e o desenvolvemento rural. Coñeceremos as iniciativas da CMAT, a Asociación SOLPOR, a Senda das Estrelas e o Bono Iacobus; e outro máis histórico sobre rexurdimento do Camiño a Fisterra e Muxía, á senda do Camiño por Brandomil, Baíñas e Berdoias e á Via Mariana.
  • Tarde do sábado, 26 de outubro: Visita guiada á Igrexa de Santiago de Cereixo.

Todo aderexado pola exposición A Translatio, inspiradora de artistas locais. É unha actividade participativa na que se pretende expoñer creacións de escolares, de artesáns e de artistas locais para que dean a súa visión da Translatio a través de pinturas, esculturas, encaixe, teas, madeira, xoias, etc. Hai unha gran participación nesta actividade que despertou a creatividade de moitas persoas de diferentes idades.

Visitas guiadas para escolares. Ofertouse aos centros educativos a posibilidade de realizar unha visita guiada á Igrexa de Cereixo e estivéronse levando a cabo nestes días.

Podes ver o Programa do Simposio e tamén podes realizar a Inscrición

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios