venres. 06.06.2025
El tiempo

Último día para inscribirse no Foro Alzavoz de Vimianzo

Alzavos de Muller ponentes
Algunhas das ponentes do Foro
Último día para inscribirse no Foro Alzavoz de Vimianzo

O Concello de Vimianzo, en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza esta fin de semana, os días 6 e 7 de xuño, o I Foro de Liderado Feminino no Rural da Costa da Morte ‘Alza Voz de Muller’, un evento pioneiro que reunirá a mulleres de toda a comarca e provincia para reflexionar, compartir experiencias reais e construír redes de apoio e inspiración desde o rural.

Mñais de 70 mulleres participarán neste foro, que nace coa vontade de poñer no centro as voces e as realidades de todas as mulleres que lideran, que emprenden, que impulsan proxectos ou que soñan con facelo, que buscan espazos, que traballan por crear alternativas ao modelo actual. Un evento creado por e para todas esas mulleres que queren liderar as súas vidas profesionais e persoais con máis liberdade e máis oportunidades.

Todas as persoas que desexen participar no evento aínda poden inscribirse, ata as 23:59 deste mércores, 4 de xuño, de maneira gratuíta a través da páxina web alzavozdemuller.com

O programa inclúe relatorios con mulleres referentes a nivel nacional, líderes nos seus eidos e comprometidas coa transformación, como María Fornet, Yolanda Domínguez, Obdulia Taboadela, Laura Sagnier, Carlota Corzo, Carmen Lence, María Couto ou rosa Arcos, entre outras.

Ao longo das dúas xornadas, estará tamén dispoñible unha Feira de Emprendedoras, un espazo creado para que as mulleres poidan vender ou dar a coñecer os seus produtos e/ou servizos.

A entrada inclúe tamén, ademais de todas as actividades, as pausas con café, actuacións musicais, xantar compartido o sábado e un pack de benvida.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, animou “a asistir a un evento que ten un carácter completamente transformador e no que poderemos coñecer, aprender e compartir experiencias con outras mulleres para seguir creando redes fortes entre nós”.

Comentarios