Un xardín onde non medran as malas herbas dende Vimianzo polo 25N
O Concello de Vimianzo e o IES Terra de Soneira conmemoran o Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero mañá venres día 23 de novembro, adiantándose ao propio día de conmemoración, domingo 25 de novembro. O alumnado sairá do instituto arredor das 12 do mediodía ata a praza do concello, onde os agardarán os traballadores e traballadoras municipais e todas as persoas que queiran sumarse a este acto.
No medio da praza do concello os rapaces e rapazas formarán un xardín de margaridas con diferentes mensaxes nos pétalos para manter unha relación de parella e familiar sen presenza de violencia. Unha vez rematado o “xardín onde non medran as malas herbas” os alumnos poñerán a nota artística e reivindicativa con cancións e recitais. Rematarase o acto coas palabras do alcalde de Vimianzo. Unha vez rematado o acto, as flores do xardín serán trasladadas á Casa da Cultura onde quedarán expostas. Pero a partir de hoxe poderase ver outra exposición sobre a violencia de xénero, unha exposición con impactantes imaxes visuais que achegará a realidade dos maltratadores e das víctimas. Na Casa da Cultura haberá tamén información dos diferentes servizos e recursos a disposición das vítimas de violencia de xénero.
Máis cousas
Máis as actividades culturais habituais estarán centredas arredor da loita contra a violencia de xénero. O sábado a programación de animación á lectura da bliblioteca contará coa compañía Trinketrinke que deixará unha mensaxe de igualdade de xénero co contacontos teatral A ratiña presumida de o ratiño presumido. E o domingo a compañía de danza Catro no metro presentará o espectáculo que leva por título A cor das mapoulas que é unha ollada á intimidade dunha parella onde resulta evidente que o home posúe unha parte feminina e a muller unha parte masculina.