Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Unha empresa vimiancesa moderniza a súa maquinaria coas axudas do GDR

Unha empresa vimiancesa moderniza a súa maquinaria coas axudas do GDR

Segue o GDR Costa da Morte dando aprobación a novos proxectos empresariais gracias ás axudas dos fondos europeos do Programa Leader. Na última xunta directiva, aprobaron un novo, que axuda a levar adiante a Compra de Máquina para Movemento de Madeira nunha empresa de Vimianzo. O orzamento aceptado ascende a 52.500,00€, e o importe da axuda sitúase nos 18.375,00€, o que supón un 35,00% sobre o total.

O proxecto conta coa verificación do ICE (Informe de Control de Elexibilidade) por parte de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) e foi aprobado en firme pola Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR e agora remíteselle esta aprobación a AGADER para que emita a resolución e lle la envíe directamente ao promotor.

Máis información

Campaña GDR

Proxectos en marcha

Fonte

Comentarios