martes. 22.04.2025
El tiempo

Unha veciña de Vimianzo doa unha casa baleira para unha familia sen recursos

Unha veciña de Vimianzo doa unha casa baleira para unha familia sen recursos
A familia de Mercedes Lema Rodriguez doando unha propiedade para os Servizos Sociais do Concello de Vimianzo

Menudo exemplo que acaba de darnos a todos a familia de Mercedes Lema Rodríguez. Vén de asinar un convenio co Concello de Vimianzo polo cal lle cede aos Servizos Sociais municipais unha vivenda da súa propiedade baleira para uso de familias de Vimianzo sen recursos que non teñen onde vivir.

Unha demostración de solidariedade, en tempos nos que os desafiuzamentos son protagonistas, que nos fai erguer o ánimo. “Vimianzo é un concello punteiro no compromiso cos máis desfavorecidos e na loita contra as desigualdades sociais”, dixo o alcalde Manuel Antelo, que anunciou que unha familia de cinco membros é a escollida para ocupar esta vivenda, que usará sen ningún tipo de pago de alugueiro, tan só se farán cargo dos gastos comúns de electricidade, gas e auga.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios