Varias entidades presentan alegacións ao Parque Eólico de Berdoias polo impacto no seu patrimonio
- Tamén o grupo de Adiante Vimianzo presenta unha moción no pleno sobre o P.E.
Consideran que hai unha serie importante de “elementos patrimoniais (xacementos arqueolóxicos e bens etnolóxicos) que non se contemplan nin recollen no Documento Inicial do Proxecto do Parque e que constitúen boa parte do patrimonio cultural de Berdoias, unha rica parroquia como levamos comprobando meses en QPC na sección “Tesouros de Berdoias”.
Imaxe de Santa Cristiña
Denuncian que os viraventos terán un impacto directo en bens como o dolmen da Casota, a mámoa de Freáns e as dúas estacións de arte rupestre do outeiro de Pedrouzo. Tamén denuncian o impacto pola “excesiva proximidade da LAAT de Evacuación ó núcleo de Sta. Cristiña e o seu patrimonio; e a afectación dos camiños do Parque a rutas culturais coma o Vieiro Fidalgo, a Vía Mariana, ou o Camiño de Santiago a Muxía (por Brandomil).
Imaxe da ruta do Vieiro Fidalgo
As entidades queren resaltar “a relevancia que dende o punto de vista histórico e do patrimonio cultural ten esta zona afectada polo proxecto de construción do parque eólico”. E sobre todo cuestionan “a ausencia no proxecto de varios bens culturais catalogados e non catalogados e a falta dun estudo de campo en maior profundidade da zona afectada”. Piden, deste xeito, unha “protección integral da zona polo elevado número de bens culturais que presenta.
A Casota de Freáns
Moción de Adiante Vimianzo
Paralelamente, o grupo da oposición Adiante Vimianzo vén de presentar unha moción para o pleno. O grupo toma as alegacións das entidades sociais para pedirlle ao pleno que apoie as súas alegacións, que remita este acordo ao Ministerio de Transición Ecolóxica para que sexa tido en conta na resolución do expediente; e que solicite á empresa promotora "a elaboración dun plan de mellora dos camiños rurais e forestais da parroquia de Berdoias", así como un "plan de delimitación e posta en valor dos conxuntos arqueolóxicos afectados polo parque eólico".
Novas sobre os eólicos
- PE Campelo, Bustelo e Monte Toural: A DIA do Campelo recoñece que os do Campelo, Bustelo e Toural son un só proxecto eólico.
- PE Banzas: O bosque de Santa Locaia, tamén ameazado polos eólicos de Banzas.
- 6 razóns do expolio eólico: "Nunca Máis ao Plan Sectorial Eólico de Galicia”.
- PE Maragouto: Os Quijotes e Petón do Lobo piden que os eólicos non afecten aos humidais de montaña.
- PPEE Alto da Croa, Alto da Croa II e Monte Tourado: Denuncian a posible corrupción trala fragmentación fraudulenta dos parques eólicos de Vimianzo e Dumbría.
- G3 Corme: A desfeita das obras do parque eólico G3 de Corme, en imaxes.
- Familias afectadas por 6 proxectos de parques eólicos: “Róubannos a nosa Paisaxe”.
- PE Salgueiras: O BNG ratifica o seu rexeitamento ao parque eólico no Monte das Salgueiras.
- PE Salgueiras: “O parque eólico Salgueiras é ilegal que cada representante político e social asuma súas responsabilidades”.
- PE Salgueiras: Esixen a modificación do proxecto eólico das Salgueiras polo impacto visual e a aparición de novos elementos patrimoniais
- “Aldeas con horizonte”: Manifesto por unha moratoria a novos parques eólicos.
- PE Cerqueiral: O Cerqueiral, outra ameaza para a nosa paisaxe.
- Greenalia, que promove 7 parques eólicos na comarca, fai unha doazón de material escolar.
- PE Mouriños: A desfeita das obras do parque eólico de Mouriños na Serra de Gontón, en imaxes.
- PPEE Bustelo, Campelo e Toural: Santa Comba vestiuse de negro contra o “megaparque” eólico de Bustelo, Campelo e Toural.
- Regoelle, a tea de araña dos eólicos da Costa da Morte.