Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A veciñanza de Baíñas concentrouse contra o peche da sucursal de Abanca

ABANCA Baíñas 2
Concentración esta mañá de xoves en Baíñas diante da sucursal de Abanca
A veciñanza de Baíñas concentrouse contra o peche da sucursal de Abanca

O peche da oficina de Abanca en Zas non vén só. A oficina de Baíñas, en Vimianzo, tamén deixará de estar operativa en breve. Iso se a mobilización social e municipal non o evita, pois hoxe puidemos comprobar que a cidadanía está cansada de tantos recortes cunha gran mobilización ante o peche da oficina de Baíñas.

“Estaselle permitindo a ABANCA un desmantelamento total do rural, os veciños e veciñas de Baíñas teñen dereito a contar con un servizo básico como este”. Así inicia a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, a súa exposición de motivos ante as dúas de veciñ@s que se concentraban para evitar o peche da sucursal. “Os veciños e veciñas de Baíñas teñen tanto dereito como os que se atopan na zona máis urbana do noso municipio de contar cun servizo básico como o é este, non podemos permitir que desmerezan o rural”, reivindicaba.

Lembraba que son 700 persoas da parroquia, boa parte maiores que non saben usar as novas tecnoloxías, as que quedan orfas deste servizo, obrigándoas a ter que desprazarse á capital municipal.
O equipo de goberno local expresou qasí ue este tipo de trabas demostran a ausencia absoluta de apoio ao rural e lamentou que o peche afectará tamén ao pequeno comercio.

Rolsa de prensa

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño; a Alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; e o Alcalde de A Baña, José Antonio Pereira; ofrecen mañá venres ás 12:00 horas unha rolda de prensa no Salón de Plenos do Concello de Zas na que anunciarán as diferentes medidas que se levarán a cabo para evitar o peche das sucursais de Abanca de Zas, Baíñas e A Baña.

ADECOM

A Federación de Asociacións en Defensa da Costa da Morte amosa tamén a súa preocupación por outra “sangría lenta pero imparable: o desmantelamento da rede de oficinas na Costa da Morte na que foi a principal caixa de aforros pública do noso entorno, que en cousa de dez anos foi fusionada con Caixanova, convertida en banca privada, e finalmente malvendida a uns especuladores que agora fan caixa a conta dos nosos aforros, e que para colmo veñen de recibir unha xugosa subvención de 2,8 millóns de euros públicos da Xunta para que pechen as oficinas dos nosos Concellos rurais, e substitúan e os seus empregados e empregadas por un caixeiro automático”.

A entidade lamenta tamén o peche da oficina vimiancesa, así como as de Dumbría, Lira ou O Pindo nos últimos meses.

”Desde ADECOM expresamos a nosa solidariedade coa veciñanza afectada e tamén nosa indignación por esta nova aldraxe ao noso rural e á Costa da Morte. Estaremos alí onde se requira do noso apoio”.

Novas relacionadas

Comentarios