Venres. 19.04.2024
El tiempo

A veciñanza de Baíñas demostra o seu rotundo rexeitamento ao peche da sucursal de Abanca

Concentracion contra peche Abanca Vimianzo
Por parte da corporación asistiron a alcaldesa, Mónica Rodríguez; os membros do equipo de goberno María José Pose, Víctor Muíño e Mario Andújar, e as edilas Marta Rei e Raquel Rodríguez.
A veciñanza de Baíñas demostra o seu rotundo rexeitamento ao peche da sucursal de Abanca

Este venres, a veciñanza vimiancesa sumouse a unha nova concentración en sinal de protesta contra o peche da sucursal bancaria de Baíñas, diante da propia oficina de ABANCA. O goberno local sinala que o peche da única sucursal de ABANCA na parroquia dificultará o acceso a un servizo esencial ás arredor de 700 persoas que residen nesta zona do termo municipal.

A rexedora afondou no impedimento que lle supón a veciñanza, sobre todo ás persoas maiores que poden non contar con vehículo, e que ademais sofren a fenda dixital.

O equipo de goberno expresou que este tipo de trabas demostran a ausencia absoluta de apoio ao rural e insiste en que a eliminación da oficina en Baíñas tamén afectará á economía da zona, xa que o pequeno comercio local deixará de contar cun servizo esencial para poder desenvolver a súa actividade.

Concentracion en Bainas contra o peche de Abanca

Novas manifestacións

Desde os Concellos de Vimianzo, Zas e A Baña convocaranse novas concentracións tanto o vindeiro mércores, 25 de agosto, diante das respectivas oficinas, como o día 2 de setembro na Coruña, diante da sede central da entidade.

Mentres, continúa en marcha a radiografía a nivel galego por parte da FEGAMP e a a colleita de sinaturas online contra o peche da oficina de Baíñas.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios