Venres. 05.03.2021
El tiempo

Veciñas de Berdoias denuncian que levan 3 meses con problemas cas chamadas telefónicas nos móbiles

Berdoias sinal
Veciñas de Berdoias denuncian que levan 3 meses con problemas cas chamadas telefónicas nos móbiles

Dende hai case 3 meses, ducias de familias da parroquia vimiancesa de Berdoias, e doutras parroquias, sofre problemas cos teléfonos móbiles. Un novo exemplo da carencia crónica que sufrimos na comarca en materia de infraestruturas da comunicación. ”O que máis falla son as chamadas, é imposible manter unha conversa”, explícanos unha das veciñas afectadas. Pero non só, xa que “neste tempo usabamos as chamadas de voz de WhatsApp, pero agora tamén falla. Ademais a internet ou datos van indo, polo xeral, pero tamén sofren cortes”, explica.

A problemática ademais esténdese a calquera das empresas. “Estamos cansos de reclamar as nosas respectivas compañias. Unhas recoñecen que hai unha incidencia, outras nin eso…”, explícanos a veciña. Teñen falado e falado coas compañias pero ningunha sabe explicar de onde ven o problema, que se remonta a antes de Nadal.

”Desesperados puxémomos en contacto co Concello, dende onde mentres intentan levar adiante o proxecto con Rede Aberta, instan á veciñanza a facer unha reclamación colectiva por escrito en usuariosteleco.mineco.gob.es, pero os veciños saben que estes trámites tardan un mínimo de 6 meses en resolverse; ou facer unha reclamación a consumo, xunto con unha recollida de firmas.

“Xa estamos fartos. Non sabemos que facer”, e por iso dan o salto á prensa.

Novas relacionadas

comentarios