Veciñas de Berdoias denuncian que levan 3 meses con problemas cas chamadas telefónicas nos móbiles
Dende hai case 3 meses, ducias de familias da parroquia vimiancesa de Berdoias, e doutras parroquias, sofre problemas cos teléfonos móbiles. Un novo exemplo da carencia crónica que sufrimos na comarca en materia de infraestruturas da comunicación. ”O que máis falla son as chamadas, é imposible manter unha conversa”, explícanos unha das veciñas afectadas. Pero non só, xa que “neste tempo usabamos as chamadas de voz de WhatsApp, pero agora tamén falla. Ademais a internet ou datos van indo, polo xeral, pero tamén sofren cortes”, explica.
A problemática ademais esténdese a calquera das empresas. “Estamos cansos de reclamar as nosas respectivas compañias. Unhas recoñecen que hai unha incidencia, outras nin eso…”, explícanos a veciña. Teñen falado e falado coas compañias pero ningunha sabe explicar de onde ven o problema, que se remonta a antes de Nadal.
”Desesperados puxémomos en contacto co Concello, dende onde mentres intentan levar adiante
“Xa estamos fartos. Non sabemos que facer”, e por iso dan o salto á prensa.
Novas relacionadas
- Decembro 2020: Rede Aberta, a solución en Vimianzo para levar a fibra a todo o rural.
- Decembro 2020 (Muxía): "Quen vai empreder estando 9 días sen internet? Unicamente emprender a marcha coa maleta”.
- Outubro 2020: “Isto é un cachondeo. De Carballo a Zas levamos toda a mañá sen internet”
- Setembro 2020: Baio únese para reclamar tras quedar 2 días sen internet.
- Agosto 2020: Denuncian a “defectuosa calidade do servicio que as compañías telefónicas” ofrecen en Corcubión.
- Xullo 2020: Vimianzo segue á espera da fibra óptica.
- A Illa, a aldea incomunicada de Santa Comba.