Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Este venres, Vimianzo acende o Nadal

O Concello súmase ao proxecto “Cara unha escena plural” para dar visibilidade o mundo da danza
Alumeado de Nadal do ano pasado en Vimianzo
Imaxe do alumeado de Nadal do ano pasado en Vimianzo
Este venres, Vimianzo acende o Nadal

Vimianzo inaugurará o Nadal este venres, 3 de decembro e ás 20:00 horas da tarde na praza do Concello, nun acto que acollerá a presentación da programación para as festas, que abranguerá desde cultura, deportes, actividades para toda a familia ou a recuperación da tradicional Cabalgata de Reis, sempre e cando a situación epidemiolóxica o permita.

O programa inclúe o X Concurso Infantil de Postais ‘Vive o Nadal en Vimianzo’, no que poderá participar toda a rapazada de Educación Infantil e Educación Primaria.

O Concello súmase ao proxecto “Cara unha escena plural” para dar visibilidade o mundo da danza

Paralelamente o Concello vén de sumarse neste 2021 o proxecto “Cara a unha escena plural”, unha iniciativa deseñada e coordinada por Caterina Varela e Sabela Mendoza, que conta co apoio da AGADIC. Así, o sábado a Casa da Cultura acollerá o vindeiro sábado 4 de decembro ás 20:00 horas a peza de danza de iXa-Xián Martínez, Pioneiras. Ao remate da función terá lugar un coloquio para que as persoas asistentes poidan departir co elenco da compañía.

As entradas están dispoñibles, como de costume, en www.wouticket.es.

Comentarios