Víctor Muíño, impulso futboleiro dende Baíñas para o PSOE de Vimianzo


Refórzase en Baíñas o PSdG vimiancés coa fichaxe de Víctor Muíño Ramos. Acompará na loita pola alcaldía das eleccións do vindeiro maio de 2019, á candidata Mónica Rodríguez, despois da unificación do socialismo vimiancés
Natural de Baíñas e empresario do sector forestal, preside o CD Baíñas, clube de fútbol co que colabora de forma activa desde a súa fundación en 2012. “É un perfil idóneo para os socialistas, en primeiro lugar pola súa calidade humana, pero tamén porque é moi traballador, un emprendedor, unha persoa feito a si mesma, amante do deporte e con moita relación con colectivos e asociacións que traballan en diferentes eidos en Vimianzo”, manifestou Mónica Rodríguez.
Víctor e Mónica mantiveron esta unha reunión de traballo co secretario xeral dos socialistas da provincia da Coruña e presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e co presidente da agrupación provincial e alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño.