Vimianzo abre o seu Outono Gastronómico con menús, sobremesas da casa e moita festa
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2012/10/31/Xoias-do-Outono-Gastronomico-de-Vimianzo.jpg)
Desde este venres 2 de novembro de 2012, xa se poden disfrutar do III Outono Gastronómico de Vimianzo. Un programa que este ano chega a restaurantes, panaderías e bares. Así, gastronomía e ocio suman esforzos para ofrecer un completo menú de Outono. Como suma a unión no sector hostaleiro de Vimianzo, que segue a convertir a capital soneirá nun centro cultural e gastronómico da zona.
Só con ver estes pratos xa nos poñemos nerviosos a verdade. E se ollamos á Bica de Vimianzo... O caso é que este ano, ademais dos fabulosos menús gastronómicos elaborado con produtos de outono a un prezo de 20€ (bodega á parte), teremos ocasión de probar os mellores postres, e disfrutar das actuacións máis auténticas.
Os menús
![Outono Gastronomico Vimianzo 2012-Restaurante O Castillo Outono Gastronómico de Vimianzo 2012-Menú do Restaurante O Castillo](/media/quepasanacosta/images/2012/10/31/Outono-Gastronomico-Vimianzo-2012-Restaurante-O-Castillo.jpg)
5 restaurantes de referencia da cociña non só de Vimianzo, senón de toda a Costa da Morte, O Castillo, Casa Sabina, Vázquez, Pastoriza, Edreira e Casa Paco, son os protagonistas destes menús. Como vemos nas imaxes, temos produtos de outono como castañas ou cogomelos.
![Outono Gastronomico Vimianzo 2012-Casa Sabina Outono Gastronómico de Vimianzo 2012-Menús de Casa Sabina](/media/quepasanacosta/images/2012/10/31/Outono-Gastronomico-Vimianzo-2012-Casa-Sabina.jpg)
Pero ademais, a sobremesa da casa corre a conta das Panaderías Ignacio, Antoxos e Sampedro, que traerán dúas delicias soneiráns: as pedras e a bica de Vimianzo.
![Outono Gastronomico Vimianzo 2012-Bica de Vimianzo ABica de Vimianzo será unha das sobremesas protagonistas do Outono Gastronómico de Vimianzo](/media/quepasanacosta/images/2012/10/31/Outono-Gastronomico-Vimianzo-2012-Bica-de-Vimianzo.jpg)
A oferta de ocio
Aí están tamén os establecementos máis activos da vila. Os Celme, Mehari, A Rúa, Quilmes e Casa Landeira (Treos) presentarán unha oferta de ocio durante as fins de semana das xornadas gastronómicas, con contacontos, actuacións musicais, magosto,… E ata un Karaoke-show co "xente de aquí" que promete...
- O sábado 3 de novembro toca concerto dun grupo de fusiónno pub Mehari.
- O sábado 10 de novembro toca contacontos por partida doble: Ás 23:00h en A Rúa e ás 0:00 no Celme.
- O venres 16 de novembro toca magosto gaiteiro en Casa Landeira.
- O sábado 17 de novembro toca contacontos no Quilmes (23:00h) e no Mehari (0:00h).
- O sábado 24 de novembro toca actuación especial no Celme: TRIBUTO A JOAQUÍN SABINA CON PABLO RUBÉN
- O sábado 1 de decembro toca actuación especial no Mehari.
- O sábado 8 de decembro toca actuación especial no Celme.
- O sábado 15 de decembro toca Karaoke-show co "xente de aquí" no Mehari...
Toda a información
![Outono Gastronomico Vimianzo 2012-Folleto Pincha na imaxe para ampliar o Folleto informativo do Outono Gastronómico de VImianzo](Outono-Gastronomico-Vimianzo-2012-Folleto-300x234.jpg)
Novas relacionadas
- Vimianzo presenta o seu menú de outono.
- Os Pinchos toman a Costa.
- Xornadas 2011: Preto de 400 menús se degustaron na xornada Vimianzo gastronómico durante o mes de novembro.