mércores. 04.06.2025
El tiempo

Vimianzo abre o prazo de inscricións para participar na andaina ‘Noite de petros’

NOITE DE PETROS 2024 - VIMIANZO
Vimianzo abre o prazo de inscricións para participar na andaina ‘Noite de petros’

 O Concello de Vimianzo abre o prazo de inscricións para participar na andaina ‘Noite de petros’, unha actividade que ten como obxectivo achegar á veciñanza a historia destes elementos que forman parte do patrimonio do municipio.

Durante o paseo, que terá lugar o vindeiro 18 de outubro, farase unha visita a catro estacións de petróglifos: as dúas do Pedrouzo, en Berdoias, e as dúas de Boallo. Ademais, realizarase tamén unha pequena andaina circular de 2,6 quilómetros.

Para realizar a actividade, que estará guiada por persoal especializado do Colectivo A Rula, recoméndase levar roupa e calzado axeitado para camiños montañosos. Tamén é imprescindible levar unha lanterna, que permitirá ás persoas participantes contemplar con todo luxo de detalles os gravados.

O desprazamento ata Berdoias farase en autobús, que sairá desde a praza do Concello ás 21:00 horas.
As inscricións pódense formalizar ata o 16 de outubro ou ata completar as prazas dispoñibles a través da web municipal.

Comentarios