Vimianzo acolle a exposición bergantiñá ‘Encontro a tres’
- A inauguración será este venres, ás 19:30 horas, e poderá visitarse na Sala de Exposicións Antón Mouzo ata o día 28
18:30 02/02/23
A Sala de Exposicións Antón Mouzo da Casa de Cultura de Vimianzo contará este mes de febreiro coa mostra ‘Encontro a tres’
de Isabel Soutullo (Coristanco), Josechu González (Carballo) e Maribel Castiñeira (A Laracha).
Os tres artistas bergantiñáns traerán a Vimianzo case unha trintena de obras de diferentes estilos e modalidades onde destacan a cor, as formas xeométricas e diversas composicións pictóricas.
A exposición inaugurarase este venres, ás 19:30 horas, e poderá visitarse ata o martes 28 de febreiro.