Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Vimianzo acolle en setembro un obradoiro sobre o novo equipamento das aulas CeMIT

Vimianzo acolle en setembro un obradoiro sobre o novo equipamento das aulas CeMIT

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia organizan nos meses de xullo, agosto, setembro e outubro unha formación en equipamento disruptivo na Rede CeMIT, é dicir, unha serie de obradoiros para formar á cidadanía no uso de equipamento innovador co que se ten dotado á Rede CeMIT.

A de VImianzo será unha das 18 aulas do país que acollerán estas sesións, que teñen como finalidade impartir cursos formativos para un uso práctico do novo equipamento disruptivo dispoñible na Rede de aulas CeMIT. Explicarase o funcionamento e usos das impresoras 3D, drons, lentes de realidade virtual, e kits de programación e comunicación como Arduino e Raspberry Pi.

A actividade está dirixida á cidadanía en xeral que non precisará contar con coñecemento previo, aínda que si con competencias básicas no uso da TIC.

A cita vimiancesa será o 18 de setembro na Aula CeMIT, sita na Casa da Cultura de Vimianzo, de 16 a 20 horas.

Podes inscribirte aquí.

Comentarios