Venres. 04.10.2024
El tiempo

Vimianzo activa aos seus maiores cunha marea de actividades

CONCELLO DE VIMIANZO - ACTIVATE + 60
Vimianzo activa aos seus maiores cunha marea de actividades

O Concello de Vimianzo presentou unha nova edición do programa ‘Actívate’ para persoas maiores de 60 anos. Desenvolverase desde o 1 de outubro de 2024 ata o 31 de maio de 2025 en Baíñas, Bamiro, Berdoias, Caio, Cambeda, Carantoña, Carnés, Castrelo, Cereixo, Cures, Salto, Serramo, Tines, Treos e Vimianzo. Para formarse grupo deberá haber un mínimo de 10 persoas inscritas e acudindo regularmente.

O principal obxectivo desta iniciativa é que as persoas participantes se manteñan activas mental e fisicamente. Para iso, levarán a cabo actividades cognitivas nas que se traballe a memoria, o cálculo, a atención, a orientación ou o razoamento, entre outros. Así mesmo, tamén se levarán a cabo actividades de saúde física, xogos tradicionais, risoterapia e compañeirismo.

As inscricións pódense formalizar de maneira presencial no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao 981 707 426, de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 horas.
A actividade, que será impartida polo psicólogo municipal, Sergio Trillo, non terá ningún tipo de custe para as persoas empadroadas no Concello de Vimianzo.

Comentarios