Martes. 08.10.2024
El tiempo

Vimianzo aproveita o seu patrimonio cultural como fundamental recurso educativo

Vimianzo aproveita o seu patrimonio cultural como fundamental recurso educativo
Aumentan as visitas escolares ao patrimonio vimiancés Aumentan as visitas escolares ao patrimonio vimiancés

Que importante é que as novas xeracións coñezan e valoren o patrimonio cultural. E nunha zona como a nosa, na que temos patrimonio a esgalla, cómpre aproveitalo. E niso está o Concello de Vimianzo, consciente do potencial educativo do seu Patrimonio Cultural, fomentando o interesantísimo programa de visitas didácticas e disparando a afluencia de grupos escolares ó Castelo de Vimianzo.

Así, nos dous últimos meses aumentou o achegamento dos escolares á fortaleza medieval, mediante visitas guiadas por persoal experto, gratuitas e adaptadas ós distintos intereses e niveles educativos. Para isto, deseñáronse dous itinerarios diferenciados: o primeiro titulado “Arquitectura de Poder” foi o favorito entre o alumnado de secundaria, mentres a meirande parte dos grupos de infantil e primaria, decantáronse por aproximarse ó facer artesanal, observando e escoitando as explicacións por parte de aqueles que teñen no Castelo o seu obradoiro de traballo.

Estas actividades incrementaron a afluencia dos grupos escolares nestas pasadas datas de outono, que veñen sendo as máis baixas en recepción de centros de ensino. En total, rexistráronse 14 grupos chegados de distintos puntos da provincia e unha suma total que alcanza os 300 alumnos. Asemade, as propostas divulgativas do Castelo estimularon a demanda para coñecer outros lugares de interese patrimonial como os Batáns de Mosquetín ou algún dos monumentos megalíticos máis senlleiros do Concello.

Durante o Nadal, o servizo será interrompido en paralelo ó descanso escolar, mais tamén será o momento de facer reflexións e sacar conclusións, considerando a permanencia ou incluso a intensificación das actividades para o vindeiro ano.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios