Vimianzo arma un fermoso programa de andainas polo seu patrimonio
15:27 21/06/21
Fantástico o programa de Andainas polos Recunchos que ven de presentar o Concello de Vimianzo. Un programa de 6 andainas polas zonas máis fermosas do concello soneirán.
A primeira saída será polas “obras de arte” esculpidas polo paso do tempo e as forzas da natureza, os Penedos de Traba e Pasarela. A ruta circular, este sábado 26 de xuño.
Durante os meses de xullo e agosto farán saídas polo Vieiro Fidalgo, por Bamiro, por Castrobuxán, polo val de Vimianzo e pola ruta do mel.
Para inscribirse cómpre cubrir este Formulario.