Sábado. 24.07.2021
El tiempo

Recunchos da Costa: Os Penedos de Traba e Pasarela

Recunchos da Costa-Penedos Traba e Pasarela-A Gadoupa
A Gadoupa, unha das formas singulares dos Penedos de Traba e Pasarela
Recunchos da Costa: Os Penedos de Traba e Pasarela

A Torre da Moa, O Bico, O Sapoconcho, A Galla, A Dama, O Mocasín, A Osa, O Coello, O Paiaso Triste, A Cachucha, o Cantor, O Barco, A Gadoupa, A Tartaruga, O Can, O Xigante Deitado… Son algúns dos nomes que lles damos ás formas xeradas pola natureza nas rochas da zona dos Penedos de Traba e Pasarela, situada entre os Concellos de Vimianzo e Laxe.

Unha das zonas máis singulares de toda Galicia, unha dos poucos espazos en Galicia catalogados como Paisaxe Protexida (en 2009), que nos permite facer unha viaxe polo tempo, descubrindo como o vento convirte o granito en arte.

Este 2021, como parece que acontece cada década, o espazo volve ser ameazado. Como acontecera a comezos de século cunha canteira, desta volta é un parque eólico o que quere invadir este territorio protexido.
En todo caso, a sociedade civil coa constitución da Plataforma Salvemos os Penedos, e os Concellos de Laxe e Vimianzo xa se puxeron mans á obra para evitar, outra vez, a desfeita ambiental.

Pola nosa parte, ademais de asinar a campaña #SalvemosOsPenedos, podemos achegarnos a disfrutar a Ruta que os Concellos teñen preparada.

De feito, ambos concellos levan un par de anos colaborando para sacar adiante un Proxecto de Posta en Valor do Espazo, unha vez que a Xunta de Galicia ten esquecido dnde hai 12 anos o seu Plan de Conservación.

Penedos Traba e Pasarela-Tartaruga e Can con sinalizacion
O Can e a TartaguraPenedos de Traba e Pasarela-Xigante acostado con sinalizacion
O Xigante acostado

A ruta

Penedos Traba e Pasarela ruta sinalizada

Un proxecto que inclúe unha fermosa ruta sinalizada, con imaxes das pedras máis singulares. Podemos comezar a ruta dende calquera dos extremos. Dende o lugariño de Pasarela, imos subindo ata o primeiro mirador, non se antes pasar polo Barco e pola Cachuca, a pedra que sufríu a irreparable ferida da canteira e que serve de escenario para calquera evento polo seu emprazamento diante dunha zona cha.

Pouco máis arriba acabaremos no primeiro miradoiro, ao carón da Gadoupa, o Tiburón ou a vista do Pato, dende onde podemos ver todo o val do Rego dos Muíños. A esa altura a ruta fai un círculo puidendo ver ademais outras pedras como o Oso, o Camelo, o Cantor, O Coello e o Paiaso Triste ou o Sauro.
Máis adiante, seguindo cara o norte, xa en territorio laxense, atopamos a Osa, a Dama ou a Forcada, xa nun miradoiro dende onde podemos ver o mar no Val de Traba. Segundo cara o norte temos xa a última parada, a Torre da Moa, un dos miradoiros máis espectaculares da comarca.

Son 6km de ruta, de dificultade media, que se pode, para realizar en familia, dividir en dúas sesións (unha empezando por Pasarela e outra dende Traba) facendo ida e volta.

O documental do SEMESCOM

En 2009 o Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte realizaba este fermoso traballo documental polo que non pasa o tempo:

Penedos de Traba e Pasarela-O Pato
Vistas do Pato

Penedos de Traba e Pasarela-O Cantor
O CantorPenedos de Traba e Pasarela-A ferida da Cachucha
A ferida da Cachucha producida por unha canteira
Penedos de Traba e Pasarela dende abaixo
Vistas dende abaixo

Máis información

 

Novas sobre Os Penedos

OUTROS RECUNCHOS DA COSTA

comentarios