Venres. 26.04.2024
El tiempo

Vimianzo axiliza con Madrid proxectos dependentes do goberno Central

Reunion en Vimianzo
Vimianzo axiliza con Madrid proxectos dependentes do goberno Central

Mantivo onte unha reunión a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, coa deputada socialista no Congreso Montserrat García, e a deputada no Parlamento de Galicia, Begoña Rodríguez. Unha reunión para lembrar as demandas do concello naqueles proxectos e infraestruturas nas que ten competencias o goberno central.

Entre os temas dos que falaron coa alcaldesa socialista Mónica Rodríguez estivo a necesidade de xestionar unha reunión a curto prazo con Sepes, a entidade estatal que xestiona o chan público, para tratar varios asuntos de desenvolvemento industrial. 

Tamén falaron do proxecto de renovación do alumeado, que supón un investimento de 1,8 millóns de euros da IDAE para eficiencia e aforro enerxético.

Na reunión, fíxose tamén mención á necesidade de implementar a fibra óptica nas zonas que faltan dentro do Plan PEBA.

Novas relacionadas

Comentarios