Vimianzo, un dos Concellos que adquirirá os soportes de hixiene made in Costa da Morte

10:20 05/05/20
Saen os primeiros soportes para levar as medidas hixiénicas a espazos públicos feitos en Vimianzo. A empresa Gerca vén de adaptarse á nova situación e creou unha nova serie de soportes metálicos, coa marca #TerraAtlántica. Soportes que xa teñen os primeiros destinos, como son o Concello de Vimianzo, que xa comprometeu a súa compra, ademais do Concello de Oroso e o Concello de Sober.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradécelle á empresa vimiancesa “a adaptación tan rápida ao contexto sanitario que estamos a vivir” e asegurou que “desde o goberno continuaremos apostando polas empresas locais”.
Os soportes permitirán instalar botes de xel hidroalcohólico en todas as dependencias municipais.
Novas relacionadas
- Gerca adáptase á emerxencia sanitaria e crea máis de 1.000 soportes diarios coa marca "Terra Atlántica" .
- Germán Lema, de Gerca: "Tes aos teu fillos aquí, que van ao colexio aquí, tamén tes aos teus amigos... Entón, cambiar non é unha opción”.
- O presidente da Deputación comprobou a potencia empresarial vimiancesa.