Vimianzo convoca unha nova concentración contra o peche da sucursal bancaria de Baíñas
Tras anunciar as medidas conxuntas que tomarán os Concellos de A Baña, Vimianzo e Zas, o primeiro en mover ficha de novo é vimiances. Faino convocando unha nova concentración en sinal de protesta contra o peche da sucursal bancaria de Baíñas para o vindeiro 20 de agosto ás 13:00 horas diante da oficina de ABANCA.
A alcadesa Mónica Rodríguez lembra o envellecemento das 700 persoas afectadas directamente da parroquia, que sofren o acusado problema da fenda dixital, así como a "ausencia absoluta de apoio ao rural" que supón esta medida.
Unión á plataforma change.org
Desde o Concello de Vimianzo impulsouse desde esta mañá unha recollida de sinaturas de maneira telemática contra o peche desta oficina bancaria a través da plataforma change.org, na que toda a veciñanza poderá amosar deste xeito o rexeitamento ao peche e o seu apoio á veciñanza afectada.
NOVAS RELACIONADAS
- 16-08-21: Adiante Vimianzo tamén pide o compromiso do pleno contra o peche da sucurcal de Abanca en Baíñas
- 14-08-21: Os Concellos de Vimianzo e Zas unen forzas contra o peche das sucursais de Abanca.
- 12-08-2021: A veciñanza de Baíñas concentrouse contra o peche da sucursal de Abanca.
- 12-08-2021: Zas mobilízase contra o peche da oficina de Abanca.
- 04-08-2020: Lamentan o peche da oficina de Abanca en Dumbría.
- Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Os bancos, tal como os coñecemos, camiño de ser un recordo.