Venres. 04.10.2024
El tiempo

Vimianzo defende e difunde a FP

Vimianzo defende e difunde a FP

Momentos complexos para a Formación Profesional en Vimianzo. A falta de alumnado fai que a oferta formativa do IES Soneira estea pendente dun fío. Sen embargo, dende a zona queren fomentar a participación e para iso veñen de organizar unha xornada informativa para facer chegar esta oferta aos mozos da comarca.

I é que malia que Formación Profesional segue a ser unha das principais opcións académicas para aquelas persoas que buscan formarse para acceder en breve período de tempo ao mercado laboral, é aínda unha gran descoñecida e, moitas veces, pouco valorada.

O IES Terra de Soneira oferta dous ciclos formativos da área administrativa: un Ciclo de grao medio de Xestión Administrativa e un Ciclo superior de Administración e finanzas, nos que está aberto o prazo de matrícula ata o vindeiro 2 de xullo.

Xornada de promoción

A xornada da formación profesional terá lugar o vindeiro 28 de xuño na Casa da Cultura de Vimianzo, a partir das 10 da mañá. Unha xornada onde se poderá coñecer unha visión da formación profesional en Galicia, onde se informará pormenorizadamente dos ciclos formativos do IES Terra de Soneira e o máis interesante, se cadra, das xornadas, un panel de experiencias laborais da man de titulados en FP que contarán a súa propia experiencia logo de estudar un ciclo formativo. A encargada de abrir a xornada será a directora do IES Terra de Soneira, Teresa Araújo, e o alcalde de Vimianzo será quen se encargue de pechala.

A xornada será unha oportunidade para que aquelas persoas que teñan o título de ESO ou Bacharelato, técnicos auxiliares, persoal orientador, persoas desempregadas que busquen ampliar as oportunidades de entrar no mundo laboral, coñezan de primeira man a formación profesional e as oportunidades que ofrece.

As xornadas son de acceso libre e non é necesaria inscrición.

Curso de español para inmigrantes

Outra das iniciativas que o concello de Vimianzo ten en marcha é un curso de español para inmigrantes enfocado aoemprego, ofrecéndolle as ensinanzas precisas para un mellor coñecemento do idioma para que poidan ter máis oportunidade de acceder ao mercado laboral. O curso, que comezou o pasado luns, ten unha duración de 20 horas e desenvólvese de luns a venres en horario de 19.30 a 21.30.

Máis información

  • >a href="http://www.edu.xunta.es/fp/ies-terra-de-soneira">IES Terra de Soneira: FP.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios