Sábado. 01.10.2022
El tiempo

Descubrindo a pé os Recunchos de Vimianzo

Recunchos Vimianzo 2022 copia
Descubrindo a pé os Recunchos de Vimianzo

O programa de ‘Recunchos verán 2022’ do Cocnello de Vimianzo permitirá realizar catro andainas polos tesouros naturais do val soneirán. Un programa que nos encanta, como autènticos promotores da posta en valor dos Recunchos da Costa.

A primeira será este domingo 28 de outubro coa saída ‘Os segredos do Val de Vimianzo’, unha ruta circular de 14 quilómetros con punto de inicio na praza do Concello.

A segunda actividade terá lugar o 10 de setembro nos Penedos de Pasarela e Traba, con 8 quilómetros de percorrido e saída desde Pasarela.

A terceira destas xornadas será día 18 de setembro no Vieiro Fidalgo, con saída desde a igrexa de Berdoias e cun percorrido circular de 9 quilómetros de distancia.

Por último, pechará o ciclo a andaina pola Vía Mariana, o día 24 de setembro, cunha lonxitude de 13 quilómetros e con saída tamén na igrexa de Berdoias. O Concello porá a disposición da veciñanza para esta última un autocar ata o punto de inicio.

O horario de saída será sempre ás 10:00 horas da mañá, estimándose a hora de chegada ás 14:00 hora.

Poderase realizar a inscrición a través do enderezo web municipal, en www.vimianzo.gal e recoméndase levar comida, bebida e calzado e roupa axeitados.

Toda a info sobre os Recunchos da Costa.

comentarios