luns. 19.05.2025
El tiempo

Vimianzo e Santa Comba tamén queren ComprarnaCosta

Vimianzo e Santa Comba tamén queren ComprarnaCosta

Despois da súa presentación en Baio, este venres 24 ás 21:30h na sé da Asociación de Empresarios de Santa Comba; e o vindeiro martes 28 de outubro, ás 20:30 na Casa da Cultura de Vimianzo, terán lugar as novas presentacións en sociedade do proxecto compranacosta.com.

Un proxecto da Fecom para promover o consumo interno na Costa da Morte, para o que se está arealizar unha campaña de promoción e presentación, así como se ven de poñer en marcha o portal web con Anuncios por Palabras, Directorio de Empresas e Bonos Desconto.

Ademáis Manuel L. Pan e Daniel Cerqueiro, da empresa que desenvolveu tecnoloxicamente o proxecto, a carballesa Abertal, farán unha análise da situación en internet das empresas que asistan ao acto co obxectivo de axudarlles a definir a súa extratexia na rede e incluso poder ver que está facendo a competecia.

Compranacosta.com, gañamos todos!

Máis información

Compranacosta

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios