Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Vimianzo empapouse da historia da Translatio de Cereixo

Visitando a Translatio de Cereixo
Visitando a Translatio de Cereixo
Vimianzo empapouse da historia da Translatio de Cereixo

Despois do espectacular éxito das xornadas do Territorio Vákner, esta fin de semana veu a luz outro dos proxectos polos que aposta o programa O Teo Xacobeo. A posta en valor da Translatio de Cereixo, a iconografía en pedra máis antiga que se coñece, pode que non teña a forza da besta medieval, pero ten unha singularidade digna de recuperar.

Tres partes do proxecto

Simposio da Translatio de Cereixo

O proxecto está enfocado en partes: unha parte dedicada á investigación e a reprodución en 3D da imaxe da Translatio; outra parte para facer un Simposio para poñer coñecementos enriba da mesa, que se desenvolveu esta fin de semana; e unha terceira parte de comunicación e divulgación, a través da web municipal, das visitas escolares e dunha exposición moi especial.

O simposio tivo unha boa acollida entre veciñanza e xentes de toda a provincia que quixeron coñecer a historia polo miúdo. O venres pla tarde estivo dedicado a facer unha visita guiada pola Translatio, cun experto de Padrón, o templo do Translario, e con Xosé María Lema Suárez, do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte.

O sábado houbo dous paneis, un de aproveitamento turístico dos Camiños; e outro sobre o rexurdimento do Camiño a Fisterra-Muxía, a Vía Mariana e o Camiño a Muxía por Brandomil. Ficaron satisfeitos coa participación.

E pola tarde, visita guiada a Cereixo, da man de Ángel Arcay, o técnico de turismo de Vimianzo.

Angel Arcay explicando a Translatio

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios