Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Vimianzo estrea o proxecto piloto provincial para combater a soidade non desexada nos maiores

Soidade Deputacion Vimianzo
Ana Lamas, deputada de Benestar Social, expuxo os puntos fundamentais deste plan xunto á alcaldesa, Mónica Rodríguez, a concelleira de Benestar Social, María José Pose; Sandra Abeijón, técnica de Servizos Sociais do Concello e Manuel Joaquín Pérez, presidente de Nova Works Consulting S. Coop. Galega. Déronse cita tamén axentes tanto da Policía Local como da Garda Civil.
Vimianzo estrea o proxecto piloto provincial para combater a soidade non desexada nos maiores

Este venres, a Sala de Conferencias da Casa da Cultura, acollía a posta en marcha dun proxecto pioneiro. A Deputación estrea un proxecto que supón súa gran aposta para paliar a soidade non desexada nas persoas maiores.

O plan, ideado para concellos de menos de 20.000 habitantes, vén enmarcado no Marco Estratéxico do Plan de Acción de Servizos Sociais provincial, para contar cun modelo de intervención, contando cos actores locais, e xerando espazos de encontro e reflexión conxunta.

O proxecto comeza coa identificación e cateforización dos actores de cada concello, e dos perfís de persoas potencialmente beneficiarias. Posteriormente, analizarase a “desconexión” dos programas actuais e as razóns da pouca participación, e unha vez rematada a análise previa, chegará o momento de elaborar unha proposta de intervención local, en colaboración e consensuada cos actores locais, que dea resposta ós “baleiros” identificados ó tempo que reforce e consolide as experiencias que se estean desenvolvendo.

“Se algo nos trouxo a pandemia foi precisamente a necesidade de que existan este tipo de servizos. Para nós é estratéxico e imos un paso máis aló; o coidado dos nosos maiores está no punto número 1 da política de acción desde a área de Benestar Social”, destacu Ana Lamas.

Pola súa banda, a alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou o “prolífico traballo que desempeña a Deputación no eido dos Servizos Sociais, especialmente desde a área de Benestar Social”, e subliña que “hoxe máis ca nunca é indispensable impulsar políticas públicas de cara a protexer ós nosos maiores”.

Comentarios