![Insertega e unha empresa galega que ten como obxectivo a integracion social a traves da reciclaxe]()
Insertega é unha empresa galega que ten como obxectivo a integración social a traves da reciclaxe
Seguindo o exemplo do
concello de Carballo, que o ano pasado recolliu máis de 59 toneladas de textil, Vimianzo súmase á recollida de refugallo textil e calzado. Así, no día de onte o alcalde do concello de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos e o representante de
Insertega, Manuel Álvarez Senra, asinaron un convenio polo cal a empresa colocará varios colectores de recollida de roupa usada no
casco urbano de Vimianzo e nas
parroquias de Baíñas e Carnés.
Con esta medida o concello de Vimianzo aposta polo
reciclaxe e a
recollida selectiva das prendas de roupa, reducindo o volume destes produtos que se depositan en vertedeiros, xerando unha
diminución de custos de xestión e prolongando a vida útil destas instalacións. Prodúcese tamén un aforro de auga e enerxía e unha redución da contaminación xerada ao producir estes materiais nos que se empregan unha gran cantidade de substancias químicas, das cales algunhas son altamente tóxicas, contribuíndose deste xeito á mellora do medio ambiente.
Insertega é unha empresa galega que ten como obxectivo o da integración social a través do reciclaxe. Máis do 70 % do seu cadro de persoal son persoas con discapacidade.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).
- Concello de Vimianzo