Xoves. 28.01.2021
El tiempo

Vimianzo pon o foco… nos clubs

Pancarta no Club Pon Pon de Vimianzo
Pancarta no Club Pon Pon de Vimianzo
Vimianzo pon o foco… nos clubs

A situación sanitaria no Concello de Vimianzo segue sendo complicadísima. E o Concello esta tomando nova medidas para controlar as posibles irregularidades nos 3 clubs de alterne (non na hostalería como entendéramos inicialmente, e xa corriximos) do termo municipal. O Concello (que supera os 140 casos activos con 107 novos casos nos últimso 14 días) informaba da súa preocupacion sobre os “cafés cantante”, e dende QPC confundimos pensando que as queixas da veciñanza se referían ás posibles aglomeracións acontecidas diante dos bares.

Nada máis lonxe da realidade. A propia alcaldesa Mónica Rodríguez nos asegura que “poño a man no lume pola hostalería, e polos e polas responsables da hostalería vimiancesa”, que as queixas da veciñanza chegan arredor dos 3 clubs de alterne do municipio.

Ata tal punto que a alcaldesa solicitou colaboración á Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, á Subdelegada do Goberno, á Garda Civil e á Policía Local para intentar controlar unha situación que vén de lonxe, pois son moitos os veciños que aseguran que os servizos se seguían ofrecendo dende pisos cando a hostalería estivo pechada.

Ante a polémica, así amencía onte o club Ponpon…

comentarios