COVID: Carballo, Cee, Camariñas, Laxe e Vimianzo, no nivel máximo de restricións
- Chegan as primeiras vacinas para os profesionais do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
- Algunhas residencias como a Nosa Señora do Carme de Fisterra tamén recibiron as primeiras vacinas. A de Vimianzo espera a controlar o gromo.
Vén de dar ao detalle o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo, tralo avance da pasada noite, as novas medidas que a Xunta toma a raíz da nova subida da incidencia do COVID trala errática política das administracións durante o pasado nadal.
A Xunta, que avanza que o pico desta vaga non chegará ata finais de febreiro, inclúe 60 concellos do país no nivel máximo de restricións, entre eles os Concellos costeiros de Carballo, Cee, Camariñas, Laxe e Vimianzo. Nestes Concellos (incluídas as 7 cidades), a hostalería só poderá abrir na terraza e ao 50%, os centros comerciais terán un aforo do 30% e se pecharán as salas de xogo.
Ademais, quedan eliminadas as chamadas “améndoas”, os peches comarcais, polo que os 5 concellos costeiros sufrirán durante “as vindeiras semanas” un peche perimetral individual.
Pola contra, os concellos de Santa Comba, Zas, Dumbría, Fisterra, Mazaricos e Muros recuperarán a súa mobilidade.
Principais medidas en toda Galicia
O resto de Galicia pasa ao nivel de restrición medio-alto, no que se inclúen todas estas medidas, que comezarán a estar vixentes a partir do venres:
- Peche da hostalaría ás 18:00h (abre coas terrazas ao 50% e interior ao 30%)
- Peche do comercio ás 21.30h.
- Toque de queda ás 22.00h ata as 6:00h.
- Máximo de 4 persoas en reunións privadas e públicas.
- As Visitas hospitalarias só se poderán realizar por unha persoa por paciente.
Feijoo fixo fincapé nas casas, recomendando que nas casas só vaian os convivintes. “Se os bares pechan ás 18:00h, non podemos levar o bar a casa”, sinalou.
Nese sentido recomendou que se faga o esencial “ir ao médico e as escolas, coidados de maiores e pequenos, facer a merca e ir ao traballo, primando cando sexa posible o teletraballo”.
Artigos relacionados
Máis artigos sobre o covid
-
- 13-01-2021: COVID: Vimianzo pon o foco nos bares.
- 12-01-2021: COVID: A Xunta limita a mobilidade en todos os Concellos e obriga a pechar a hostalería ás 18:00h.
- 11-01-2021: COVID: As cifras sinalan un aumento do 40% nos novos positivos na última semana .
- 07-01-2021: COVID: A tendencia volve ser á alza.
- 04-01-2020: COVID: Vimianzo non se libra e Carnota recupera a mobilidade.
- 29-12-2020: COVID: 9 concellos, tralo peche de Carnota e Muros, rematan o ano con especiais restricións.
- 28-12-2020: COVID: Vimianzo, Xallas e Fisterra, as zonas onde se manteñen o virus.
- 22-12-2020: COVID: O Plan de Nadal inclúe excepcións entre o 23 e o 25.
- 16-12-2020: COVID: Santa Comba, Mazaricos, Carnota, e Fisterra pasan ao nivel medio-alto de restrición.
- 15-12-2020: COVID: 9 do 10 positivos do IES de Fisterra son usuarios de autobús.
- 14-12-2020: SERGAS fai un novo cribado en Camariñas, Mazaricos e Santa Comba
- 11-12-2020: COVID: Camariñas e Zas entran no peche perimetral de Vimianzo; A Laracha, Cabana e Malpica relaxan restricións.
- 10-12-2020: Preocupan os gromos no IESP Pedra da Aguia e no IES Fin do Camiño.
- 10-12-2020: COVID: "Vasos comunicantes" de norte a sur.
- 06-12-2020: Coa do IES Pedra da Aguia, son 6 as aulas pechadas por covid na comarca.
- 04-12-2020: COVID: As cifras de Bergantiños iguálanse ás do resto da Costa da Morte.
- 02-12-2020: COVID: Como afecta a nova “desescalada” e a reapertura progresiva da hostalería na Costa.
- 01-12-2020: COVID: Así está a situación do coronavirus na Costa da Morte.
- Xabier García Lema: Vakuna Malata.
- Lola Rontano: Vacina Bakunin.
- Alberto Sambade: Un monstro vén a verme. Corrupción, industria farmacéutica e capitalismo do COVID-19.
- Olaya Ferrío: COVID: “Esta é a nosa historia”.